Quantcast
Channel: a lei de Lem » Salvador-Lluís
Viewing all articles
Browse latest Browse all 3

Unha homenaxe a Álvaro Cunqueiro, de Joan Perucho

$
0
0

- Un lector convidado: Lluís Salvador -

Este ano 2011 conmemórase o centenario do nacemento de Cunqueiro. É seguro que xurdirán as homenaxes, sobre todo en Galicia (no resto de España, Cunqueiro parece máis esquecido; mágoa, porque é un esquecemento que empobrece). Bo é recordar que o gran amigo seu que foi Joan Perucho xa lle rendeu tributo, este Unha Homenaxe a Cunqueiro, que está recompilado no volume Els Secrets de Circe .

En realidade, a mellor homenaxe que se lle pode facer a unha persoa é dicir, como fai Perucho, «sempre o recordo». Pero a prensa e as editoriais son pouco propensas a tales concesións, aínda que sexan capaces de expresar todo o sentimento de agarimo e respecto que se tiveron desde o seu primeiro encontro, poida que en Cambados, «contemplando xuntos o espectáculo fascinante que ofrecía a serea Pasitea, moi amiga do cabaleiro Kosmas, cantando e peiteándose os cabelos de ouro finísimo. Cunqueiro era descendente desta serea (inimiga mortal de Melusina de Lousignan), e o era por parte da rama dos Moriños de Lobeiro. Brindamos cerimoniosos á súa saúde cunha copa de cristal traslúcida.»

Rememora Perucho as virtudes de Cunqueiro, que os converteron en máis que amigos, en auténticos irmáns nas letras. As súas extraordinarias capacidades para achar o telúrico no cotián, a fantasía na vida, a vida en calquera parte. Pequenas anécdotas máxicas, das que garda o segredo e desmente versións. A súa enorme capacidade lingüística e narrativa capaz de transformar un texto mediante a súa comprensión e intervención: «Retoma un orixinal que lle gusta e supera o poema. Isto sucedeu co meu poema [Anotacións da Vida de Castruccio Castracani da Luca , de Perucho] [...] A primeira vista [...] a versión do poeta galego é completamente fiel, verso a verso, palabra por palabra. Como entón podemos dicir que chega a superar ao orixinal catalán? “O lector decataríase dos puntos suspensivos finais que hai na versión galega e que non existen non orixinal. Estes signos de puntuación dan ao poema un ton melancólico -e semi-irónico-, que non ten a versión catalá [...] Perucho, no poema orixinal, afirma que aínda brilla o elmo sob o sol:  Cunqueiro que que si, pero non”». Todo o que non pode senón provocar un sorriso (morriñento) galaico.

E contén este artigo un texto de Cunqueiro «realmente importante [...] polas indicacións relativas á unión coa súa terra e a súa cultura» e que escribiu un ano antes de morrer:

«Loado sexa Deus porque me permitiu nacer, crecer, facerme home e agora envellecer neste gran reino que chamamos Galicia; neste reino da Fisterra que vai dende as montañas ata o mar, onde brillan os pés do vento; neste país dos dez mil ríos, do vello camiño das peregrinacións, neste país dos mil vales, neste país fermoso e eternamente verde, patria amada, a terra do sentido bardesián: as patrias son a terra e os mortos. Grazas a Deus por este reino.

»Loado sexa Deus tamén por terme dado o da nosa lingua, por terme ensinado a dicir rula e bidueira e dorna e ponte e fonte. E entón eu, sabendo estas palabras, era verdadeiramente amo da rula e do bidueiro e da dorna e da ponte e a fonte.

»As miñas invencións e as miñas maxias teñen, non en tanto, un sentido máis profundo; por riba e por baixo do que fago e quixen e quero que a lingua galega perdure e continúe porque a duración da lingua é a única posibilidade de que nós duremos como pobo.

»Quixen que Galicia continuase e, á beira da patria terreal, que son a terra e os mortos, hai estoutra patria que é a nosa lingua. Se de min algún día, logo de morto, se quixese facer un eloxio e eu estivese dando herba á nosa Terra, podería dicir a miña lápida: “Aquí xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveiras máis”.

»Tamén hei de dar grazas a deus por nacer nesta nación galega entre vós, por nacer no noso tempo e ser amigo voso; grazas por tanta xenerosidade que tivestes comigo.»

Este escrito é a traducción ao galego de Daniel Gonzalez do texto que Lluís Salvador escribiu no seu blog Lecturas errantes.

PERUCHO, Joan. Els Secrets de Circe. Barcelona: Columna, 1998. 271 p.; 21 cm. (Clàssica: 295). ISBN 9788483006269.

 


Viewing all articles
Browse latest Browse all 3

Latest Images

Trending Articles


SUKEINA AALI-TALEB FERNÁNDEZ [16.897]


Por: Ana Quintero


Farruko Ft Mario VI - Asiento de Atras (Acapella)


Alexis & Fido - La Cama ( instrumental original )


Feria del Libro 2024 | Se inaugura el 25 de abril


ÁLEX PORTERO [11.569]


FERNANDA SILIUTO BRIGANTY [16.628]


ISABEL DE CASTRO Y ANDRADE [18.411]


JAVIER VELAZA FRÍAS [19.204]


AKEEM LASISI [20.214]